viernes, 30 de mayo de 2008

Modelo De Recursos De Alzada

D/Dª.Martín Gonzalez Paz , mayor de edad, profesor del centro sagrado corazón, con domicilio a efecto de notificaciones en Pontevedra/Lalín/Goyas/nº34 y D.N.I 54321274-k, a V.E.M5.
EXPONE:
Que, mediante el presente escrito, interpongo recurso de alzada, previo a la vía contencioso-administrativa, contra el colegio sagrado corazón el que baso en los siguientes:
HECHOS
PRIMERO.
La falta de disciplina en los niños , ya que hay infinidad de acosos en el centro y marco que yo fui uno de los afectados por este tipo de acosos y violencia
SEGUNDO
Debido a la alimentación repartida en el comedor del centro.Esta alimentación es inadecuada para los niños porque el dia pasado cuando estaba yo de encargado me encontre gusanos en la carne de ternera y las patatas podridas.
FUNDAMENTOS JURÍDICOS
PRIMERO
Como me enteré que la reclamación no llegó a su destino me veo obligado a volver escribirla y enviarla a la xunta de galicia
SEGUNDO
Espero que tomen duras represalias contra estos acontecimientos.

En su virtud,suplico, a V.M.E. que, teniendo por presentado este escrito, lo admita a trámite y dé por interpuesto recurso de alzada contra el colegio sagrado corazón, y solicitando que tomen serias medidas contra estes acontecimientos
Lalín, 4 de enero de 2111

viernes, 23 de mayo de 2008

Modelo de Reclamación

D./Dna. Aldegundo Armando Guerra Constante
D.N.I: 69696969 -X

Como consumidor habitual de CocaCola, presento a seguinte reclamación por danos e prexuizos no dia de 1-5-2069 o Ministerio de Sanidade e Hixiene Galegos.

*Bebida en mal estado en un bote de coca-cola debido a aparición dun rato.


FUNDAMENTOS DA RECLAMACIÓN:

Comprei unha bebida nunha maquina expendedora de CocaCola, e cando a abrin atopei un mamífero roedor finado dentro do bote.
Os técnicos encargados de velar pola nosa saúde e seguridade, non deberían haber lanzado o mercado un producto en mal estado como o que apotei eu, deberíanse por máis controles específicos para que estas cousas non voltaran a suceder.

DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA:

( O bote de CocaCola)
En Lunes, a 1 de Maio do 2069

Fdo: Aldegundo Armando Guerra Constante

lunes, 19 de mayo de 2008

Pasos a seguir para unha reclamacion

1º-Reclamación
2º-No caso de denegarse a reclamación presentarse a administración. No caso de non ser aceptado pasase ao Tribunal de Xustiza, dividido en tres partes:
-Xunta
-Parlamento
-Tribunal de Xustiza superior
3º O seguinte paso sería xa ao Tribunal Supremo
Presentase o recurso de casación
4º Por último debese apelar ao Tribunal Constitucional.

martes, 13 de mayo de 2008

Teorias da xustiza. Actividades

Nunha comuna de 10 persoas decidiuse que ol máis rico debería duplicar o capital dos demáis; isto é, dar a cada un unha cantidade igual á que tivuvese. Cando votaron contas, tralo reparto, viron que todo seguía exactamente igual que antes, salvo que o nome dos ricos e os pobres tiña cambiado, naturalmente, pero a distribución das fortunas era a mesma. O total da fortuna era de 1.023.000 euros.

-¿Cál era o reparto entre as dez persoas?

Hai un reparto equitativo para cada persoa, pero os ricos ao teren mais capital seguirian tendo mais cartos que os pobres.

Se hai que repartir un pastel entre varios nenos, podense dar diversas razóns para unha distribución desigual. Un neno podería explicar que ten moita fame. Este é o chamado argumento da necesidade. Outro neno podería dicir que a nai prometeralle a metade da tarta: o argumento dos dereitos adquiridos. Un terceiro podería argumentar que traballou para a nai: o argumento a favor do mérito no sentido máis estricto (rendemento). En cuarto lugar, un neno podería dicir que merece un anaco máis grande por ser o primoxénito. Esta razón equivale a dicir que ten previamente un valor maior. Todas son, chegado o caso, razóns relevantes. Se non se puidese dar unha razón relevante, só quedaría o reparto igualitario. Non só se debe poder dar unha razón, senón que esta ten que amosarse tamén como relevante. Se un neno dixera que merece o anaco máis grande porque ten os ollos azuis, esto sería rexeitado por irrelevante (a non ser que se recoñeceran premisas adicionais).

-Cuestión: ¿Que diferencia hai entre razón relevante e non relevante?

A razon relevante quere dicir que o reparto debese a razons polas cales se benefician a un individuo, a razon non relevante quere dicir que o reparto e equitativo.


Cando Aristóteles alabou a xustiza como primeira virtude da vida política, quixo suxerir que a comunidade que carecera de acordo práctico acerca do concepto de xustiza debía carecer tamén da base necesaria para a comunidade política. A carencia de tal base debe por tanto ameazar á nosa sociedade. (...) Posto que a virtude entendese polo xeral como a disposición ou sentimento que producirá en nos a obediencia a certas regras, o acordo sobre cáles sexan as regras pertinentes será sempre unha condición previa do acordo sobre a natureza e contido dunha virtude concreta. Pero, como xa suliñei na primeira parte deste libro, o previo acordo acerca das regras é algo que a nosa cultura individualista non pode asegurar. En ningunha parte esto se manifesta máis e tampouco en ningunha parte ten consecuencias máis ameazadoras que no caso da xustiza. A. MacIntyre. Tras la virtud. Pág. 300. Crítica Barcelona 2001

¿A que concepto de xustiza estase a referir Aristóteles?

¿Son compatibles as normas de convivencia co individualismo?

miércoles, 12 de marzo de 2008

INMIGRACIÓN NA COMUNIDAD GALLEGA

A inmigración na comunidade galega está establecida por convenios de colaboración que a Consellería de Emigración asina con entidades, públicas e privadas, prestadoras de servizos sociais con actividade no ámbito da atención a inmigrantes e emigrantes retornados. En cada convenio individual defínense as actuacións concretas a desenvolver por cada entidade.
Os obxectivos perseguidos son informar e orientar aos inmigrantes e retornados sobre os seus dereitos e deberes, os servizos sociais e recursos aos que teñen acceso, garantir a non discriminación no acceso ás prestacións sociais xerais e ao emprego, na procura da eliminación de toda clase de barreiras lingüísticas, culturais, sociais e laborais.
Trátase de axudar ao colectivo a achegarse á realidade socio-laboral do país, atendendo ás súas necesidades personais, sociais, educativas, formativas e laborais ao longo dun proceso de integración ao que se incorporan os sistemas de prestación de servizos básicos existentes.
Actuacións na Rede:
1. Información, orientación e asesoramento socio-laboral
Información a este colectivo sobre a súa situación xurídica e trámites administrativos a realizar dada a súa condición de inmigrante ou emigrante retornado. Neste sentido asesorarase na tramitación de permisos de residencia, traballo, visados, adquisición de nacionalidade, agrupamento familiar, certificado de retornado, baixa consular, etc.
Información sobre trámites administrativos de ámbito social de todo tipo, desde prestacións sociais, ata os relacionados coa educación e a sanidade.
Facilitar todo tipo de información e orientación para a inserción laboral, así como sobre as axudas ás que poidan ter acceso, estratexias para a busca de emprego, mediación e acompañamento, que faciliten a súa inserción no mercado laboral.
Facilitar ao colectivo a información sobre os programas, actividades e accións que se leven a cabo dentro da Rede Galega.

2. Formación
Proporciona formación e capacitar a este colectivo, ben mediante accións directas de formación, ben apoiando a súa participación na rede ordinaria existente, co fin de favorecer o seu acceso ao mercado laboral como paso imprescindible para a súa autonomía e integración na sociedade.

3. Acollida básica .
Ofrecer aos inmigrantes e retornados que se atopen nunha situación de especial vulnerabilidade ou en risco de exclusión social, un servizo de aloxamento e/ou manutención, durante un período limitado de tempo, que lles proporcione unhas condicións de vida dignas.

4. Cobertura necesidades básicas
Proporcionar os recursos necesarios para cubrir un déficit nas súas necesidades básicas: roupa, alimentos, medicamentos, transporte, asistencia sanitaria, gastos de trámites administrativos, etc.

5. Sensibilización
Promover a incorporación dos inmigrantes e retornados ás redes sociais e á vida comunitaria.
Realizar actividades encamiñadas á sensibilización en temas de respecto das diferenzas, integración sociocultural, tanto dirixidas á poboación autóctona como á poboación inmigrante ou retornada.
Realización de campañas para fomentar e potenciar o multiculturalismo tratando de:
- Xerar valores de respecto, confianza e solidariedade coa poboación estranxeira ou retornada.
- Rexeitar calquera actitude xenófoba ou racista cara a este colectivo.
- Establecer e fomentar actitudes positivas sobre a poboación de acollida.

martes, 11 de marzo de 2008

A EMIGRACIÓN

O Observatorio Galego establecese como un órgano colexiado de participación, consulta e asesoramento da Xunta de Galicia adscrito á Consellería de Emigración.Este órgano terá como finalidade a recollida de datos, análise e estudo da realidade do fenómeno inmigratorio, así como a obtención de informacións obxectivas e comparables con outros ámbitos: europeo, nacional e autonómico
Segun a normativa encontramos:
- O Decreto 78/2004, do 2 de abril, polo que se crea e regula o Observatorio Galego da Inmigración
-A Orde do 2 de setembro de 2004 pola que se anuncia convocatoria pública para proceder á selección dos vogais do Observatorio Galego da Inmigración en representación das entidades sen ánimo de lucro que traballen en favor da integración social dos inmigrantes, e das asociacións de inmigrantes que actúen e desenvolvan programas no ámbito da inmigración na Comunidade Autónoma galega.

Estas normativas presentan a seguinte funcion:
-Actuar como órgano permanente de recollida, análise e intercambio da información cuantitativa e cualitativa sobre o fenómeno da emigracion procedente da Administración da Xunta de Galicia, así como da información que se acade ou sexa subministrada por outras Administracións Públicas, entidades públicas ou privadas e de organizacións e asociacións vinculadas emigración e os dereitos humanos e laborais.


Entrevista:
-¿Díganme , quen toma a decisión de marchar?
Os dous, conxuntamente. Falámolo e chegamos a conclusión que para mellorar de vida non había outra solución.

-¿E, cal foi o motivo de elexir Alemania, tiñan a alguén por alá?
Sí, cada un de nos tiña alá familia moi directa. Tiñamos unha irmá cada un. Eles sempre falaban ben tanto da vida coma da xente alemá, así que todo contribuía a marchar para ese país en concreto.

-¿En que ano marcharon? ¿coma foi a viaxe?
Marchamos no ano 70. Collemos un bus que nos trouxo da casa a Xinzo, dalí outro ata Ourense, e por último o tren ata Alemania. A viaxe foi amena; coma íamos os dous xuntos e sabíamos que alá nos esperaba a familia non tiñamos morriña. A equipaxe ía chea de espranza e de moitas ilusións.

-¿Levaban un destino fixo, tiñan contrato de traballo?
Sí, a través da familia que estaba alá atopamos traballo nunha fábrica. Porfirio na Opel e eu, o principio na limpeza. Ademáis, o principio vivimos cos parentes, pero axiña alugamos unha habitación. Despois, a medida que ían mellorando as cousas, cambiamos tanto de traballo coma de casa. A verdade é que traballabamos todolo que podíamos. Eu (fala Porfirio) facía todalas horas extras que podía, que estaban moi ben pagadas, e a miña muller ao saír da fábrica aínda iba facer limpezas polas casas. Todo era pouco para aforrar e axudar aos nosos pais. Ademáis pronto viñeron os fillos, e entón, coma quedaran a cargo dos avós maternos había que mandar máis cartos para eles, para que viviran en boas condicións, e iso supoñía máis horas, e máis traballo.

-¿E os fillos naceron alá , logo?
Non, viñen telos a España. Xa sabes, fun a Ourense a un hospital de pago, porque creíase que estaría mellor atendida. Ahora doume conta que foi unha tontería, pero bueno, xa está feito. Despóis sempre foi a miña nai a que os coidaba.

-¿Tiñan tempo libre? ¿cómo era o trato cos alemáns?
Non había moito, non. Pero aínda así fixemos moitos e bos amigos. Ao principio, coma non coñecíamos o idioma, só nos relacionábamos cos compatriotas, pero logo ao entender xa era cos demáis tamén. Ademáis compramos o coche, e cando viñan os rapaces no verán saíamos a merendar coa familia e os amigos. Íamos ata o bosque e mostrábamoslles os arredores. Foi unha época moi bonita.

-¿Entón cal foi a causa da volta?
Pois chega un momento en que os rapazes xa son grandiños, e plantexámonos que ou recollíamos os trastos e trasladábamos a tenda ou seguíamos alá para sempre. Así que aínda con moita pena porque xa tiñamos a casa montada, un bo traballo e moitas amizades, decidimos voltar. E no ano 90 chegamos de novo a Ourense.

-¿Voltaron para o pobo, entón?
Non, tiñamos un piso en Ourense, que compráramos pouco a pouco. E coma os nenos tiñan que estudar acá quedamos. Ademáis case todos os electrodomésticos que temos aínda hoxe, viñeron dalá, así coma o coche, así que aínda que en España, non votábamos de menos os mobles, porque estaban connosco. Non sei era un forma de ter presente o pasado.

-¿E o traballo, tiveron problemas para atopalo?
Porfirio non, atopouno enseguida, e aínda que o principio foi un contrato eventual agora xa é fixo. Traballa coma funerario e está contento. Sen embargo eu, non conseguín nada, axudei nun restaurante duns amigos sen seguro, e agora son ama de casa, sen máis.

-¿Votan de menos a emigración?
Moitísimo, as nosas lembranzas son moi hermosas. Por outra banda alá viviamos moito mellor e todo o que hoxe temos procede dalá. Aínda que non pensamos en marchar de novo foi unha boa época, e dende logo, moi fructífera.

martes, 26 de febrero de 2008

Procesos Xurídicos

1º Caso, María e a súa nai.
-¿Qué tipo de danos se provocan?
Agravamento das lesions debido a esa neglixencia.

-¿A quén ou quenes se lle poden imputar as consecuencias do suceso?
As consecuencias son para o conductor da ambulancia e o médico de guardia, pois debido a unha acción irrelevante, xogouse ca vida de seres humanos.

-¿Qué tipo de castigo debería establecerse?
Debería castigarse con unha pena no cárcere xa que, en certa maneira, e un asesinato.

Comprensión 1
1º-
Un acto é ilicito cando está fora das leis impostas polo goberno.
Un exemplo de un mal acto pero sen ser ilicito e fumar.




2º-caso das columnas:
-sera a ultima resposta a máis grave, posto que o conductor hiva borracho e atropelou a un peatón, pero tamén teriamos que saber se o peatón cruzou en vermello ou en verde, aínda que cruzase en rojo ( o peatón ), o cxonductor o estar ebrido iria o carcere cor conducir baixo os efectos do alcol.
-a responsabilidade desta persoa e de circular sen efectos de alcol, e con precaución.
-sería unha responsabilidade obxectiva
-e seria responsabilidade penal posto que é unha infracción grave e iria a cárcer
e



3º-proceso xudicial:
-denominando os conxuntos de actos encadeados entre sí para poder así resolver o proceso.O primeiro paso e a demanda e a continuación a resposta do demandado.
-pode aver un proceso xudicial sen acusado pero solo pode ser administrativo

viernes, 15 de febrero de 2008

4- DECLARACIÓN DOS DERITOS HUMANOS

1-Qué defende o positivismo xurídico?
O positivismo xurídico defende os dereitos no cal o valor queda supeditado ao poder que os fai cumplir.

2-Qué quere dicir que os dereitos humáns son dereitos naturais?

Isto quere dicir , que tanto os dereitos humáns como os dereitos naturais proveñen da propia natureza humana e son previos a calquera forma de organización social.

3-Qué problemas percibes para a implantación universal dos dereitos humanos?

Os problemas desta implantación e que están involucrados tres niveis do coñecemento e a convivencia humanas: a moral, o dereito e a política. A moralidade debe fundamentar e propoñer as condición de liberdade, igualdade e dignidade que esixe a implantación dos dereitos humáns de forma universal. O dereito que debe ser capaz de concretalos en distintas lexislacións, esixindo por medio da coerción, que se a política que debe aplicar esa carta de dereitos poñendo as bases para que poida, de feito, levarse á práctica.

4-Que significa IUS naturalista?

IUS naturalista consiste en afirmar que os dereitos humáns son vinculantes e válidos porque teñen a súa orixe nunha orde anterior á formación da comunidade humana

5-Características dos dereitos humáns e diferencias entre a fundamentación ética, tecnolóxica historicista e política?

-Ética: É unha fundamentación ética que tenta fundamentar os dereitos humanos acudindo á fonte que os xera, é dicir, á súa orixe. Esta fundamentación basease na posición iusnaturalista e consiste en afirmar que os dereitos humanos son vinculantes e válidos porque teñen a súa orixe nunha orde anterior á formación da comunidade humana.

-Teolóxica:Afirma que esa orde natural procede de Deus, que é o creador do home e a lei que define á súa natureza. Esta fundamentación teolóxica dos dereitos humáns presenta o grave inconvinte de facer depender a validez dos mesmos nas crenzas relixiosas, que fundamentalmente non son asunto de razón, senón de fe.

-Hitoricista:Este tipo de fundamentación foi defendida durante a preparación da Declaración Universal e entende que os dereitos humáns son o resultado das necesidades e valores de cada sociedade e cada época histórica.

-Política:Esta fundamentación faise necesaria, tamén dar razón da validez e funcionalidade dos Dereitos Humáns.Con respecto a esta fundamentación podemos encontrar dúas teorías:

·A teoría do consenso:Onde fundamentan os dereitos humáns no consenso social, ben produto dun pacto, ben como producto dun diálogo permanente e universal.

·A teoría do disenso:Que permite fundamentar os Dereitos Humáns facendo deles o único instrumento que permite canalizar a disconformidade dunha persoa, grupo ou pobo coa orde social existente.

martes, 12 de febrero de 2008

Preguntas sobre o Home


1- O home como ser social:


Os homes somos sociais por natureza. Para vivir en harmonía e paz co resto dos seres humanos necesitamos cumplir é obedecer unhas ordes e unhas leis que todos debemos respectar. Se unha persoa non cumple estas normas recae sobre ela unha pena que pode ser máxima ( como matar a outro ser humano, alterar a orde, conducción temeraria, etc ) ou pode ser mínima ( como atraco , saltar unha señal de tráfico, etc ).


2- ¿Qué son os dereitos?

Cada ser humano ó nacer ten uns dereitos, nadie nin nada podelle quitalos, senón que é lei de vida. Estes dereitos son inalienables xa que grazas a eles podemos referirnos a aquelas cousas que podemos reclamar ou as obrigas que a sociedade ou os outros nos deben , ainda que moitos dereitos deste non se cumpla.

3-Estado de dereito e Comunidade Internacional

Nun estado de dereito os individuos deben estar protexidos contra abusos de poder. Deben ter un contrato social que lles garantice esa protección.Par a globalización da economía , política e cultura faise necesario que existan controis superestatais que permitan protexer os seres humáns en calquera parte da Terra. As organizacións coma esta son por exemplo Nacións Unidas, está fundada en 1945 por 51 países despois da 2ª Guerra Mundial.Para facer que todo o mundo se respectase entre sí, fixeronse Pactos, Ligas, Asociaciones, Cooperaciones, Grupos, etc como:

-Pacto amazónico, Pacto andino, Liga de estados Árabes, Asociaciones das Nacións do Suroeste Asiático, Cooperación Económica de Asia Pacífica, Grupos dos Quince, Unión Europea, Unión Interparlamentaria

viernes, 8 de febrero de 2008

O contrato social de Rousseau:

Rousseau parte da tesis que supón que todolos homes nacen libres e iguais por natureza e afirma que a familia “e o primeiro modelo de sociedade política”.As ideas do contrato social ocupa maiormente xas ideas de "von¡ntade xeneral", as ideas do goberno e de suas formas e a vontade dos hombes sencillos.
Sobre as ideas do goberno Rousseau fai unha pequena critica dicindo que canto maior e o poder do goberno menor e a liberdade da xente.
Por ouro lado Rousseau fai referencia a vondade dos homes sencillos como modelo social para resolver os asuntos do Estado baixo unha encina e conducirse sempre con acerto.

martes, 29 de enero de 2008

A palabra dereito é unha palabra que usamos en varios sentidos; para referirnos a aquelas obrigas que a sociedade ou os outros nos deben, para referirnos a aquelas cousas que podemos reclamar, pero que non debemos pedir obrigatoriamente, para nomear o conxunto de leis dun país...

lunes, 21 de enero de 2008

A cultura árabe e a muller

Na cultura arabe non existe o termino "machista" senon, que é a propia politica do pais a encargada de situar a muller como inferior na sociedade ( obligación de levar hiyab ou límites par segregación sexual no espacio )
A muller ante esta situación, realizou movementos femenistas para encontrar unha posición nas sociedades pre-islamistas. Estes movementos de inferioridade de xénero por parte das mulleres tiveron búsqueda no Corán no que encontraron argumentos a favor da muller dende de un punto de lectura literal.O Islam "supuxo" un avance na situación da muller, respecto a sua posición, esto e solo teóricamente porque na práctica e todo o contrario a muller esta sometida o home, non pode saír da casa sen o seu consentimento, ten que respectar todo o que fai é obedecer as súas ordes.

martes, 8 de enero de 2008

Instrumentos internacionais das Nacións Unidas

Primeira Xeración


-Dereitos civís e políticos.
-Dereitos humanos da administración de xustiza.
-Liberdade da información.
-Liberdade da asociacion.
-Dereito de libre determinacion

Segunda xeracion


-dereitos economicos e sociais.
-Dereitos do neno
-Emprego.
-Escravitude, servidume, traballo forzoso e institucions e practicas analogas
-Matrimonio e familia.
-Dereito a disfrutar da cultura e cooperacion cultural internacional.
-Benestar , progreso e desarollo social
-Nacionalidade, apatridia, asilo y refugiados.


Terceira xeracion

-Dereito de emprego
-Dereito humanitario
- Prevencion da discriminacion
-Crimenes de guerra de lesa humanidad, incluso e xenocidio
-Dereito da muller