martes, 11 de marzo de 2008

A EMIGRACIÓN

O Observatorio Galego establecese como un órgano colexiado de participación, consulta e asesoramento da Xunta de Galicia adscrito á Consellería de Emigración.Este órgano terá como finalidade a recollida de datos, análise e estudo da realidade do fenómeno inmigratorio, así como a obtención de informacións obxectivas e comparables con outros ámbitos: europeo, nacional e autonómico
Segun a normativa encontramos:
- O Decreto 78/2004, do 2 de abril, polo que se crea e regula o Observatorio Galego da Inmigración
-A Orde do 2 de setembro de 2004 pola que se anuncia convocatoria pública para proceder á selección dos vogais do Observatorio Galego da Inmigración en representación das entidades sen ánimo de lucro que traballen en favor da integración social dos inmigrantes, e das asociacións de inmigrantes que actúen e desenvolvan programas no ámbito da inmigración na Comunidade Autónoma galega.

Estas normativas presentan a seguinte funcion:
-Actuar como órgano permanente de recollida, análise e intercambio da información cuantitativa e cualitativa sobre o fenómeno da emigracion procedente da Administración da Xunta de Galicia, así como da información que se acade ou sexa subministrada por outras Administracións Públicas, entidades públicas ou privadas e de organizacións e asociacións vinculadas emigración e os dereitos humanos e laborais.


Entrevista:
-¿Díganme , quen toma a decisión de marchar?
Os dous, conxuntamente. Falámolo e chegamos a conclusión que para mellorar de vida non había outra solución.

-¿E, cal foi o motivo de elexir Alemania, tiñan a alguén por alá?
Sí, cada un de nos tiña alá familia moi directa. Tiñamos unha irmá cada un. Eles sempre falaban ben tanto da vida coma da xente alemá, así que todo contribuía a marchar para ese país en concreto.

-¿En que ano marcharon? ¿coma foi a viaxe?
Marchamos no ano 70. Collemos un bus que nos trouxo da casa a Xinzo, dalí outro ata Ourense, e por último o tren ata Alemania. A viaxe foi amena; coma íamos os dous xuntos e sabíamos que alá nos esperaba a familia non tiñamos morriña. A equipaxe ía chea de espranza e de moitas ilusións.

-¿Levaban un destino fixo, tiñan contrato de traballo?
Sí, a través da familia que estaba alá atopamos traballo nunha fábrica. Porfirio na Opel e eu, o principio na limpeza. Ademáis, o principio vivimos cos parentes, pero axiña alugamos unha habitación. Despois, a medida que ían mellorando as cousas, cambiamos tanto de traballo coma de casa. A verdade é que traballabamos todolo que podíamos. Eu (fala Porfirio) facía todalas horas extras que podía, que estaban moi ben pagadas, e a miña muller ao saír da fábrica aínda iba facer limpezas polas casas. Todo era pouco para aforrar e axudar aos nosos pais. Ademáis pronto viñeron os fillos, e entón, coma quedaran a cargo dos avós maternos había que mandar máis cartos para eles, para que viviran en boas condicións, e iso supoñía máis horas, e máis traballo.

-¿E os fillos naceron alá , logo?
Non, viñen telos a España. Xa sabes, fun a Ourense a un hospital de pago, porque creíase que estaría mellor atendida. Ahora doume conta que foi unha tontería, pero bueno, xa está feito. Despóis sempre foi a miña nai a que os coidaba.

-¿Tiñan tempo libre? ¿cómo era o trato cos alemáns?
Non había moito, non. Pero aínda así fixemos moitos e bos amigos. Ao principio, coma non coñecíamos o idioma, só nos relacionábamos cos compatriotas, pero logo ao entender xa era cos demáis tamén. Ademáis compramos o coche, e cando viñan os rapaces no verán saíamos a merendar coa familia e os amigos. Íamos ata o bosque e mostrábamoslles os arredores. Foi unha época moi bonita.

-¿Entón cal foi a causa da volta?
Pois chega un momento en que os rapazes xa son grandiños, e plantexámonos que ou recollíamos os trastos e trasladábamos a tenda ou seguíamos alá para sempre. Así que aínda con moita pena porque xa tiñamos a casa montada, un bo traballo e moitas amizades, decidimos voltar. E no ano 90 chegamos de novo a Ourense.

-¿Voltaron para o pobo, entón?
Non, tiñamos un piso en Ourense, que compráramos pouco a pouco. E coma os nenos tiñan que estudar acá quedamos. Ademáis case todos os electrodomésticos que temos aínda hoxe, viñeron dalá, así coma o coche, así que aínda que en España, non votábamos de menos os mobles, porque estaban connosco. Non sei era un forma de ter presente o pasado.

-¿E o traballo, tiveron problemas para atopalo?
Porfirio non, atopouno enseguida, e aínda que o principio foi un contrato eventual agora xa é fixo. Traballa coma funerario e está contento. Sen embargo eu, non conseguín nada, axudei nun restaurante duns amigos sen seguro, e agora son ama de casa, sen máis.

-¿Votan de menos a emigración?
Moitísimo, as nosas lembranzas son moi hermosas. Por outra banda alá viviamos moito mellor e todo o que hoxe temos procede dalá. Aínda que non pensamos en marchar de novo foi unha boa época, e dende logo, moi fructífera.

No hay comentarios: