viernes, 15 de febrero de 2008

4- DECLARACIÓN DOS DERITOS HUMANOS

1-Qué defende o positivismo xurídico?
O positivismo xurídico defende os dereitos no cal o valor queda supeditado ao poder que os fai cumplir.

2-Qué quere dicir que os dereitos humáns son dereitos naturais?

Isto quere dicir , que tanto os dereitos humáns como os dereitos naturais proveñen da propia natureza humana e son previos a calquera forma de organización social.

3-Qué problemas percibes para a implantación universal dos dereitos humanos?

Os problemas desta implantación e que están involucrados tres niveis do coñecemento e a convivencia humanas: a moral, o dereito e a política. A moralidade debe fundamentar e propoñer as condición de liberdade, igualdade e dignidade que esixe a implantación dos dereitos humáns de forma universal. O dereito que debe ser capaz de concretalos en distintas lexislacións, esixindo por medio da coerción, que se a política que debe aplicar esa carta de dereitos poñendo as bases para que poida, de feito, levarse á práctica.

4-Que significa IUS naturalista?

IUS naturalista consiste en afirmar que os dereitos humáns son vinculantes e válidos porque teñen a súa orixe nunha orde anterior á formación da comunidade humana

5-Características dos dereitos humáns e diferencias entre a fundamentación ética, tecnolóxica historicista e política?

-Ética: É unha fundamentación ética que tenta fundamentar os dereitos humanos acudindo á fonte que os xera, é dicir, á súa orixe. Esta fundamentación basease na posición iusnaturalista e consiste en afirmar que os dereitos humanos son vinculantes e válidos porque teñen a súa orixe nunha orde anterior á formación da comunidade humana.

-Teolóxica:Afirma que esa orde natural procede de Deus, que é o creador do home e a lei que define á súa natureza. Esta fundamentación teolóxica dos dereitos humáns presenta o grave inconvinte de facer depender a validez dos mesmos nas crenzas relixiosas, que fundamentalmente non son asunto de razón, senón de fe.

-Hitoricista:Este tipo de fundamentación foi defendida durante a preparación da Declaración Universal e entende que os dereitos humáns son o resultado das necesidades e valores de cada sociedade e cada época histórica.

-Política:Esta fundamentación faise necesaria, tamén dar razón da validez e funcionalidade dos Dereitos Humáns.Con respecto a esta fundamentación podemos encontrar dúas teorías:

·A teoría do consenso:Onde fundamentan os dereitos humáns no consenso social, ben produto dun pacto, ben como producto dun diálogo permanente e universal.

·A teoría do disenso:Que permite fundamentar os Dereitos Humáns facendo deles o único instrumento que permite canalizar a disconformidade dunha persoa, grupo ou pobo coa orde social existente.

No hay comentarios: