miércoles, 12 de marzo de 2008

INMIGRACIÓN NA COMUNIDAD GALLEGA

A inmigración na comunidade galega está establecida por convenios de colaboración que a Consellería de Emigración asina con entidades, públicas e privadas, prestadoras de servizos sociais con actividade no ámbito da atención a inmigrantes e emigrantes retornados. En cada convenio individual defínense as actuacións concretas a desenvolver por cada entidade.
Os obxectivos perseguidos son informar e orientar aos inmigrantes e retornados sobre os seus dereitos e deberes, os servizos sociais e recursos aos que teñen acceso, garantir a non discriminación no acceso ás prestacións sociais xerais e ao emprego, na procura da eliminación de toda clase de barreiras lingüísticas, culturais, sociais e laborais.
Trátase de axudar ao colectivo a achegarse á realidade socio-laboral do país, atendendo ás súas necesidades personais, sociais, educativas, formativas e laborais ao longo dun proceso de integración ao que se incorporan os sistemas de prestación de servizos básicos existentes.
Actuacións na Rede:
1. Información, orientación e asesoramento socio-laboral
Información a este colectivo sobre a súa situación xurídica e trámites administrativos a realizar dada a súa condición de inmigrante ou emigrante retornado. Neste sentido asesorarase na tramitación de permisos de residencia, traballo, visados, adquisición de nacionalidade, agrupamento familiar, certificado de retornado, baixa consular, etc.
Información sobre trámites administrativos de ámbito social de todo tipo, desde prestacións sociais, ata os relacionados coa educación e a sanidade.
Facilitar todo tipo de información e orientación para a inserción laboral, así como sobre as axudas ás que poidan ter acceso, estratexias para a busca de emprego, mediación e acompañamento, que faciliten a súa inserción no mercado laboral.
Facilitar ao colectivo a información sobre os programas, actividades e accións que se leven a cabo dentro da Rede Galega.

2. Formación
Proporciona formación e capacitar a este colectivo, ben mediante accións directas de formación, ben apoiando a súa participación na rede ordinaria existente, co fin de favorecer o seu acceso ao mercado laboral como paso imprescindible para a súa autonomía e integración na sociedade.

3. Acollida básica .
Ofrecer aos inmigrantes e retornados que se atopen nunha situación de especial vulnerabilidade ou en risco de exclusión social, un servizo de aloxamento e/ou manutención, durante un período limitado de tempo, que lles proporcione unhas condicións de vida dignas.

4. Cobertura necesidades básicas
Proporcionar os recursos necesarios para cubrir un déficit nas súas necesidades básicas: roupa, alimentos, medicamentos, transporte, asistencia sanitaria, gastos de trámites administrativos, etc.

5. Sensibilización
Promover a incorporación dos inmigrantes e retornados ás redes sociais e á vida comunitaria.
Realizar actividades encamiñadas á sensibilización en temas de respecto das diferenzas, integración sociocultural, tanto dirixidas á poboación autóctona como á poboación inmigrante ou retornada.
Realización de campañas para fomentar e potenciar o multiculturalismo tratando de:
- Xerar valores de respecto, confianza e solidariedade coa poboación estranxeira ou retornada.
- Rexeitar calquera actitude xenófoba ou racista cara a este colectivo.
- Establecer e fomentar actitudes positivas sobre a poboación de acollida.

No hay comentarios: