Racismo
O racismo ou discriminación racial é unha violación aos dereitos humanos que consiste na discriminación das persoas en razón da súa pertenza étnica ou racial, de modo tal que unas considéranse superiores a outras. De modo popular adóitase incluír erroneamente no termo de racismo un amplo abanico de discriminacións como a xenofobia o clasismo ou a homofobia.
As actitudes, valores e sistemas racistas establecen, aberta ou veladamente, unha orde xerárquica entre os grupos étnicos ou raciais, utilizado para xustificar os privilexios ou vantaxes das que goza o grupo dominante. As Nacións Unidas estableceu o 21 de marzo como Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial.
-Historia
Historicamente, o racismo serviu para xustificar crimes da humanidade como o xenocidio e diversas formas de dominación das persoas como a escravitude, o colonialismo e o imperialismo. O racismo adoita estar tamén relacionado co etnocentrismo, o chauvinismo e a xenofobia.
Antes da expansión colonialista europea parece que non existía o racismo como o entendemos hoxe. Na grecia clásica estaba vixente a discriminación ao estranxeiro pero non pola súa raza, os grándes filósofos gregos recoñecían nos Exipcios (aos que describían como negros) a representantes dignos da civilización. Na idade media as persoas negras estaban asociadas á riqueza do mundo islámico e numerosos santos foron negros, mentres que aos xudeus perseguíallos pola súa relixión e non pola súa suposta raza.
Cabe facer notar que o racismo é un fenómeno moi estendido, que non distingue ningún sistema político especifico, xa que o podemos atopar tanto en países de corte capitalista como socialista, aínda que o racismo biologista pseudocientífico ten unha clara orixe europea, nace no século XVIII e áchase insiro na filosofía política e social occidentais ata mediados do século XX.
Desde o último cuarto do Século XX, existe un estigma social en describirse como racista principalmente debido aos crimes da Alemaña nazi e os avances nas conquistas sociopolíticas dos negros en EEUU e África. Así que a identificación dun grupo ou persoa como racista é controvertido. O último país en declararse oficialmente racista foi a República surafricana que en 1990 modificou o seu sistema de apartheid por presións internas e externas.
O racismo é hoxe definido en todas as instancias internacionais como unha afronta á dignidade humana básica e unha violación dos dereitos humanos. Un número de tratados internacionais trataron de terminar co racismo. A Organización das Nacións Unidas (ONU) utiliza unha definición de discriminación racial asentada na Declaración sobre a eliminación de todas as formas de discriminación racial.
Nalgúns países hoxe en día esta penalizado o racismo entre penas menores ata maiores, considerando esta discriminación como delito o mesmo como sucede por orientación sexual, cultural ou outra característica. Algúns a penalizan con sancións como ser o cobro de multas con diñeiro.
Escravitude
Os primeiros escritos nos que se ten constancia da presenza de escravos nunha gran civilización é en Mesopotamia durante a época sumeria, aínda que moi limitada. No Antigo Exipto un número de escravos suficiente como para ter certa importancia social deuse soamente nalgúns períodos, especialmente no Imperio Novo. A orixe dos escravos proviña das conquistas e non existía unha regulación xurídica sobre os mesmos.
A escravitude como práctica social e económica foi usual na antigüidade greco-romana, e ambas poden considerarse as primeiras sociedades "esclavistas" ao estar sustentada a súa base económica por este sistema. O status social e o papel dos escravos era considerado inferior ou inexistente en relación a unha persoa libre. A sociedade da Antiga Grecia tiña fundamentada filosóficamente a escravitude que, para Aristóteles era a garantía indispensable para que os homes libres puidesen dedicar o seu tempo á política e bo goberno da cidade. Na Antiga Roma a práctica da escravitude regúlase, nalgunhas ocasións ao mínimo detalle, establecéndose a manumisión como fórmula de liberación dos escravos, sempre con causa. Do século V adC ao século I é a época de maior implantación e extensión da escravitude. Durante o Imperio Romano empeza a remitir, comportamento influído por tese dos primeiros cristiáns e, sobre todo, polo esgotamento das fontes tradicionais de subministración de novos escravos como resultado da finalización da expansión territorial romana (século I).
En Europa durante a Idade Media a escravitude desaparece sendo cambiada pola servidume. Existe un intenso debate entre historiadores respecto da cronoloxía, as causas e as formas en que se produciu este feito. As posturas que situan a desaparición do sistema esclavista en data máis temperá, na época das invasións bárbaras do século V, serían as dos historiadores marxistas, incluído o propio Karl Marx, doutra banda autores como Georges Duby ou Pierre Bonnassie, apoiados nunha inxente documentación, a situan no século XI, no medio da chamada revolución feudal. Segundo este último autor o auxe do esclavismo daríase no século VII, en plena Alta Idade Media.
En todo caso os servos, a diferenza dos escravos, eran libres, ou máis ben semi-libres, e gozaban dunha serie de dereitos pero estaban atados por compromisos de traballo á terra e o señor feudal. No mundo musulmán e en Bizancio tamén se mantivo a tradición recollendo os antigos costumes romanos. A finais do século XV, a escravitude en Europa era moi reducida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario