Cres que a legalizacion da prostitucion contribue a mellorar as condicions destas mulleres?
A prostitución
A prostitución é unha actividade á que ven forzadas mulleres, homes e ata nenos e nenas debido a diversos factores. A situación xeral deste sector da poblacion urbana reviste tinguiduras dramáticas polas peculiares condicións en que se desenvolve. A violación dos dereitos humanos por autoridades civís e policiais, donos de locais e clientes, son un feito frecuentemente ocultado, xa que a sociedade toda estigmatiza e discrimina esta actividade, esquecendo que son persoas as que o exercen e que a súa opción só responde a unha situación desesperada.
A prostitución consiste na venda de servizos sexuais a cambio de cartos ou outro tipo de retribución. Unha persoa que exerce a prostitución recibe o nome de prostituta ou prostituto. Para o caso que esa persoa sexa muller tamén se usa coloquialmente puta, palabra que conleva unha forte connotación despectiva. A versión masculina, puto, usase en varios países de iberoamérica para referirse a calquer homosexual , non necesariamente a quen presta os seus servizos a cambio de diñeiro.
Así, o problema dentro do tema elixido pódese resumir no feito de que o exercicio da prostitución está regulado de xeito parcial, especificamente na área de saúde, con normas de caracter sanitario e de control; con todo, obsérvase que o TSC non se acha regulado en aspectos tan fundamentais como o son os Dereitos Humanos de quen exercen dita actividade.
A Orixe da familia, da propiedade privada e do Estado, baseado nas investigacións de Lewis Morgan sobre os pobos primitivos, o sexo era practicado indiscriminadamente por todos os membros da tribo, sen que existise diferenciación de familias entre os seus membros. Afirma que "reconstituindo desta sorte de historia da familia, Morgan chega a estar de acordo coa maior parte dos seus colegas acerca dun primitivo estado de cousas segundo o cal, no seo dunha tribo imperaba o trato sexual sen obstáculos, de tal sorte que cada muller pertencía igualmente a todos os homes e cada home a todas as mulleres". Desta forma, expón a existencia de prácticas que por entón non eran consideradas promiscuas (pero que na actualidade si o serían) dadas as condicións sociais de existencia imperantes.
As mulleres estaban obrigadas a prostituírse durante as ditaduras e as guerras para dar pracer aos altos cargos e os militares.
A pobreza
A pobreza é unha situación ou forma de vida que xorde como produto da imposibilidade de acceso e/ou carencia dos recursos para satisfacer as necesidades físicas e psíquicas básicas humanas que inciden nunha deterioración da calidade de vida das persoas. Pode ser descrita ou medida por convencións internacionais, aínda que poden variar os parámetros para considerala.
A pobreza é un termo comparativo utilizado para describir unha situación na que se atopa parte dunha sociedade e que se percibe como a carencia, escaseza ou falta dos bens máis elementais por exemplo alimentos, vivenda, educación ou asistencia sanitaria (saúde) e auga potable. Así como os medios de obtelo (por exemplo por falta de emprego, nivel de ingresos moi baixo ou carencia destes)/destes). Tamén pode ser o resultado de procesos de segregación social.
1 comentario:
La prostitución existe en nuestro país y en realidad es una manera de vender tu cuerpo y promocionar la esclavitud.
Publicar un comentario