viernes, 19 de octubre de 2007

Factores culturales y religiosos



As mulleres no Islam

Dios todopoderoso no Islam desde fai mais de catorce séculos, por medio do Sagrado Corán declara a igualdade de homes e mulleres na vida, honra, dignidade e a sociedade en xeral, representando os bens de ambos.
Dios dinos que os bens de todas as persoas son sacros e polo tanto esta prohibido menoscabar directa ou indirectamente. Todos os dereitos son comúns entre homes e mulleres.
Según o Sagrado Corán, as mulleres teñen que pór o Hijab, se as mulleres se atrevesen a demostrar a súa beleza, lucir o seu corpo, maquillarse todo o día exponse a ser magoadas por lobos.
Un motivo de que cando chegan e non queren quitarse o Hijab é que poden ser desterradas, perseguidas ou magoadas, por iso acoden aos tribunais nacionais.
O Hijab utilízase para que as mulleres baixen a súa mirada(de ver cousas prohibidas) e que protexan as súas partes privadas(de actos sexuais ilicitos, etc) excepto o que ten que verse.
A muller non pode mostrar a súa beleza excepto en circunstancias incontroladas como cando o vento alza a sua roupa. O velo cobre o seu pelo, o seu peito e o seu corpo.

A vida das mulleres afgás
As mulleres afgás aínda viven con medo de ser desfiguradas con ácido. Aínda que non é algo instituido, todavia hai episodios illados de ataques a mulleres que non levan posto o seu Burka.
O Martes 16 de Outubro de 2007 en Kandahar, un descoñecido arróxoulle ácido na cara a unha mestra.
O relato é coñecido, aínda que hai matices e versións. O escenario pode ser Kabul, Islamabad y Cachemira.
Unha muller- aveces cobre a sua cabeleira cun pano- sae á rúa sen a súa burka. É unha vestimenta azulada que cobre os corpos femininos, da cabeza aos pés, e é o uniforme obrigado de toda muller que viva baixo dominio talibán. Nuns minutos o home sáelle ao paso, e, aos berros, mándaa de volta a casa, de onde non debeu saír sen a compañía dun home e sen a vestimenta adecuada. A muller decide non escoitalo e seguir o seu camiño. Ao dia seguinte, en canto puxo un pé na rúa, o mesmo home-sen dicirlle nada lle arroxa acido á cara. Naturalmente esta muller xa non sera a mesma.
Unha mestra que salia da súa escola en Kandahar, a antiga fortaleza dos talibán, ao sur de Afganistan, foi atacada por un descoñecido pouco despues de que aparecesen panfletos con ameazas e con indicacións para os homes da poblacion: Non mandase ás mulleres ir ao seu traballo, nin ás fillas á escola.

No hay comentarios: